Tag: gdr condado-paradanta
O GDR Condado Paradanta presenta unha exposición fotográfica nas Neves
O Grupo de Desenvolvemento Rural do Condado Paradanta, presenta a exposición fotográfica “Visións do Territorio” que contempla 90 imaxes da zona, entre as que se inclúe e unha selección das mellores instantáneas realizadas polos participantes dos tres concursos de fotografía organizados polo GDR.
“Auga e Vida” nomeada a mellor obra artística do GDR Condado Paradanta
A fotografía “Auga e Vida” de Diego Alonso foi nomeada polo público como a “mellor obra artística do GDR Condado Paradanta”, na terceira edición do certame artístico que organiza a entidade supramunicipal.
O Concello de Ponteareas felicita á Agrupación Folklórica Algazara polo seu premio á dinamización rural
O Concello de Ponteareas quere dar os parabéns á Agrupación Folklórica Algazara polo seu merecido premio na II Gala dos Premios ao Dinamizador Rural que organiza o GDR Condado Paradanta.
A Asociación Lazadoiro gañadora dos “II Premios Dinamizador Rural”
Estes galardóns outórgaos o GDR Condado Paradanta para recoñecer o traballo que, de maneira altruísta, fan as diferentes entidades privadas e/ou persoas físicas pola defensa e pola posta en valor do patrimonio (material e inmaterial) do seu territorio de actuación.
O GDR Condado-Paradanta financiará seis proxectos da comarca
A Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta aprobou os proxectos subvencionables ao abeiro do Programa Leader Galicia 2014-2020, xestionado polo propio GDR a través da Consellería do Medio Rural.
O GDR Condado Paradanta organiza parladoiros nos colexios para tratar a violencia de xénero
Complementaria a andaina celebrada fai uns días pola senda do río Tea e da que participou máis dun cento de persoas, o GDR Condado Paradanta organiza esta semana un par de parladoiros en centros de Educación Primaria do territorio con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Os GDRs Eurural e Condado Paradanta organizan tres cursos centrados na gandería
Por primeira vez, dous grupos de desenvolvemento rural veciños únense para levar a cabo accións formativas de xeito conxunto. Os GDRs Eurural e Condado Paradanta veñen de poñer en marcha tres cursos de balde centrados na gandería.
Ponteareas acolle unha xornada formativa sobre o aproveitamento dos soutos
O Concello de Ponteareas acolle o vindeiro xoves 16 de setembro unha xornada formativa organizada polo GDR Condado Paradanta e a IXP Castaña de Galicia no que as persoas participantes aprenderán nocións básicas para o aproveitamento dos soutos.
O GDR Condado Paradanta impulsa novas axudas para o desenvolvemento da comarca
A Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta continúa traballando no seu propósito de impulsar accións que axuden á posta en valor dos recursos da comarca, que potencien os negocios do territorio e que promovan sinerxías entre persoas. Neste marco, unha das funcións do GDR é a de xestión de fondos, a través do Programa LEADER, orientados ao desenvolvemento socioeconómico da contorna e, neste senso, informa da apertura de convocatoria de axudas do fondo Leader 21-22, para a cal permanece aberto o prazo ata o día 3 de xuño.
«Conversas sobre o Rural Dixital», a complexidade do emprendemento rural
O acto de presentación do vídeo Conversassobreo#RuralDixital reuniu, este pasado xoves, a unhas trinta persoas na sede da empresa Galician Brew, na parroquia ponteareá de Padróns. O intercambio de opinións posterior á proxección do video, deixou patente a necesidade dun debate a fondo sobre as cuestións que afectan ao desenvolvemento rural no que teñan voz os seus e as súas protagonistas.