Tag: galego
Aberta a inscrición para os cursos de lingua galega para obter os certificados CELGA
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas informa da convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O Consello Forestal de Redondela aposta polo galego comprometéndose a fomentar o seu uso
Na reunión celebrada o pasado 16 de novembro, o Consello Forestal de Redondela, do que é membro o Concello redondelán, aprobou unha declaración a prol da lingua galega, iniciativa presentada polo Departamento de Normalización Lingüística.
O Concello convoca o premio “Ponteareas, Lingua e Empresa” para recoñecer aos negocios que traballan en galego
Ponteareas convoca a terceira edición do “Ponteareas, Lingua e Empresa”, un premio que recoñece ás empresas e autónomos que usan a lingua galega na súa actividade económica.
O PSOE lamenta a redución do número de galegofalantes e lembra a “obriga estatutaria” da Xunta de promocionar o galego
A voceira de Política Lingüística do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de criticar a “falla de vontade política” da Xunta á hora de protexer e promocionar o galego. Fíxoo, hoxe, trala comparecencia do director xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia na Comisión de Cultura do Parlamento.
A Deputación abre o prazo para solicitar as axudas para “dar prestixio” ao galego
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publica hoxe oficialmente as bases das axudas que concede este ano a Deputación para “dar prestixio” ao galego. As subvencións, segundo explica a deputada de Lingua María Ortega, chegarán aos 220.000 euros e repartiranse entre as entidades sen fins de lucro (120.000 €) e os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia (100.000 €).