Tag: fenda dixital
A Deputación pon en marcha un proxecto para loitar contra a fenda dixital
A Deputación de Pontevedra vén de recibir unha nova subvención do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) de 280.658 euros para desenvolver o programa “Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural da provincia de Pontevedra”.
Éxito de participación en Ponteareas da iniciativa conxunta de R e Cruz Vermella ‘Enredando tour R’
A aula móbil formativa de 'Enredando tour R', iniciativa conxunta do operador galego R e a Cruz Vermella, visitou Ponteareas para continuar o seu labor de 'inclusión dixital' das persoas maiores. O programa desenvolveuse nunha aula móbil instalada na Praza Maior ponteareá con contidos formativos vinculados ás novas tecnoloxías.
As redes de alta capacidade por fibra óptica chegarán ao rural da Cañiza
As parroquias da Cañiza contarán, en breve, con fibra óptica. Así se desprende da reunión mantida entre o alcalde, Luis Piña, e a coordinadora do despregamento de fibra óptica en Galicia e Asturias de Telefónica, Patricia Rodiño Piñeiro quen confirmou ao rexedor local as actuacións que a operadora de telefonía acometerá no municipio grazas aos distintos plans subvencionados polo Ministerio de Transformación Dixital, os datos de cada consurso e a data límite de execución para cada plan.