20.5 C
Pontevedra
Mércores, 9 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: eventos

    Redondela celebra esta fin de semana ‘A Batalla de Rande’ rodeada dun estrito protocolo de seguridade sanitaria

    O Concello de Redondela confirmou hoxe a celebración, esta fin de semana, da 'Batalla de Rande', unha das celebracións máis destacadas do municipio é que este ano desenvolverase rodeada dun estrito protocolo de seguridade sanitaria.

    Actividades para todos os públicos no peche das Festas de Setembro de Ponteareas

    A Concellaría de Eventos, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F.ernández Davila, vén de organizar diversas actividades coas que o Concello ponteareán pechará as Festas de Setembro o martes, 29 de setembro, día de San Miguel Arcanxo, patrón de Ponteareas e festividade local no municipio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.