Tag: esad
Ana Abad de Larriva, gañadora do ‘I Premio de Microteatro da Memoria’ da Deputación e a ESAD
A actriz e xornalista Ana Abad de Larriva vén de gañar o ‘I Premio de Microteatro da Memoria’ convocado polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra e a Escola de Arte Dramática de Galicia (ESAD) coa peza ‘Un biolo na noite’.
Aberto o prazo para participar no premio de ‘Microteatro da Memoria’
A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), vén de abrir esta semana o prazo para participar na primeira edición do premio de ‘Microteatro da Memoria’. O certame, segundo explica a deputada María Ortega, pretende reflexionar sobre a memoria histórica a través de propostas dramáticas en formato breve de microteatro, abrindo un espazo para que a dramaturxia visibilice unha temática ás veces esquecida.