20 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: Ernesto Groba

    O Concello de Salvaterra de Miño empeza os traballos de mellora e mantemento nos Centros Educativos

    O Concelleiro de Obras Ernesto Groba visita os colexios cos diferentes operarios para dar inicio as obras necesarias e deixar a punto os diferentes Centros Educativos do Municipio, Cra A Lagoa, CEP Carlos Casares, CEIP Infante Felipe e CEIP Chan de Leirado.

    A Deputación estende a mobilidade e seguranza á renovada estrada Ponteareas-As Neves-Salvaterra

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto aos alcaldes das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, e Ponteareas, Xosé Represas, e o alcalde accidental de Salvaterra, Ernesto Groba, visitaron esta mañá a renovada EP 4006 que transcorre por Ponteareas, As Neves e Salvaterra. A actuación acometida, que ascende a preto de 570.000 euros, segue os principios de mobilidade centrados na recuperación do espazo público para as persoas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.