Tag: edar
Mondariz busca un maior acceso á EDAR construída en Mondariz-Balneario
O Concello de Mondariz dirixiu este venres un escrito á comisión de seguimento do convenio de colaboración subscrito co Concello de Mondariz-Balneario para o sostemento conxunto dos servizos de gardería, punto limpo e depuración de augas residuais, no que solicita que se tramite un aumento da autorización de vertedura na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) situada no Paseo de Troncoso (Mondariz-Balneario).
Ponteareas proxecta unha EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) en Moreira para máis de 4.600 habitantes
O Concello de Ponteareas comunicou a contratación do proxecto da nova depuradora a ubicar na parroquia de Moreira cunha capacidade para máis de 4.600 habitantes. Esta nova EDAR está prevista no Plan Director de Saneamento redactado en 2018 EDAR, distinta da prevista a realizar polo Estado na Moscadeira.
A Xunta recibe as obras da depuradora de augas residuais da plataforma loxístico-industrial de Salvaterra-As Neves
Técnicos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) acaban de proceder á recepción das obras de construción da estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Plataforma Loxístico-Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), dando un paso máis cara a posta en funcionamento do parque empresarial.
Mondariz busca solucións aos problemas de depuración
Unha das prioridades políticas do Concello de Mondariz é mellorar a depuración de augas residuais. Este servizo municipal tan básico, sen embargo, leva anos bloqueado pola denegación de acceso á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), construída en 2005 e situada no veciño Concello de Mondariz-Balneario. "O Goberno de Mondariz ten o firme compromiso de dar solución a este problema que leva arrastrando o municipio dende fai anos e afecta a un ben natural incluído na rede natura como é o río Tea", afirma o alcalde, Xosé Emilio Barros.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica confirma un investimento de máis de 14 millóns de euros para ampliar a depuradora da Moscadeira
A sociedade mercantil estatal Augas das Concas de España (ACUAES), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, vén de anunciar a contratación dos servizos de asistencia técnica para a elaboración do estudo de alternativas, dos estudos ambientais e a redacción do anteproxecto de mellora da EDAR da Moscadeira e do proxecto dos interceptores xerais de Ponteareas.
ACUAES licita o contrato para a redacción do anteproxecto de mellora da EDAR de Ponteareas
A sociedade mercantil estatal Aguas de las Cuencas de España (ACUAES), do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, vén de licitar por 112.015 euros os servizos de asistencia técnica para a elaboración do estudo de alternativas, dos estudos ambientais e a redacción do anteproxecto de mellora da estación depuradora da Moscadeira e do proxecto de mellora dos interceptores xerais de Ponteareas.