7.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: DOG

    O DOG publica a oferta pública de emprego de Sanidade para 2021 cun total de 1.215 prazas

    O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a oferta pública de emprego do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o presente ano, que inclúe un total de 1.203 prazas.

    A Xunta abriu esta semana o prazo para solicitar as axudas destinadas a autónomos par afrontar a crise sanitaria

    As persoas traballadoras autónomas de Galicia con e sen persoal contratado ao seu cargo poden solicitar desde o día de hoxe as axudas da Xunta para apoiar a súa actividade. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o mércores a primeira das liñas de apoios do Plan de rescate para as persoas traballadoras autónomas e microempresas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.