Tag: depoemprende na eso
Estudantes da provincia presentan na Deputación os proxectos da nova edición “DepoEmprende na ESO”
O Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra acolleu a máis dun cento de alumnos e alumnas de seis centros de Educación Secundaria da provincia na presentación das 11 cooperativas que participan nunha nova edición de “DepoEmprende na ESO” para dar o tiro de saída ao programa de emprendemento.
A Deputación ultima a quinta edición de “DepoEmprende” coa selección dos centros educativos participantes
A Deputación de Pontevedra dá un paso máis para a posta en marcha da quinta edición de “DepoEmprende”, o programa da institución destinado a fomentar o espírito emprendedor no marco do sistema educativo, coa publicación este martes da lista provisional de centros educativos adheridos ao proxecto. Este ano participarán en total 23 centros de 12 concellos da provincia, 8 na modalidade de “DepoEmprende na Escola”, outros 8 en “DepoEmprende na ESO” e 7 en “DepoEmprende na FP”.