11.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: defensoras de dereitos

    A proposta de #DefensorasdeDereitos e a Deputación para sementar o cambio dende a lectura

    Defender os dereitos humanos como proxecto vital e político nunha das rexións máis perigosas do mundo para levalo a cabo. Este é o nexo en común das tres protagonistas da colección ‘Defensoras de Dereitos’ que onte presentouse no Museo de Pontevedra nun acto que contou coa presidenta provincial Carmela Silva, a portavoz da Coordinadora Galega de ONGD, Lorena Seijo, e Marusia López, Co-fundadora de IM-Defensoras, que se conectou desde México.

    A Deputación e a Coordinadora Galega de ONGD organizan o encontro online ‘Defensoras de dereitos: soster a vida, sementar o cambio’

    A segunda edición da iniciativa ‘Defensoras de Dereitos’, o proxecto impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD, chega de forma online co obxectivo de recoñecer e poñer en valor a loita das mulleres ao redor do mundo na defensa dos dereitos humanos. En concreto, céntrase no traballo que están a desenvolver as activistas mesoamericanas durante a pandemia derivada da Covid-19, unha situación que está aumentar as violencias que sofren ao levar a cabo o seu labor.

    Activistas de Honduras, Guatemala, El Salvador, México e Nicaragua, na segunda edición de ‘Defensoras de Dereitos’

    As mulleres defensoras de Dereitos Humanos de Mesoamérica, a rexión comprendida entre o sur de México e Costa Rica, son as protagonistas da II edición de ‘Defensoras de Dereitos’ que empezou a andar onte en Pontevedra. As súas historias de vida, o seu traballo en defensa dos dereitos das mulleres, das comunidades indíxenas… son o fío condutor desta iniciativa impulsado pola Deputación de Pontevedra e a Coordinadora Galega de ONGD en colaboración coa Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.