Tag: costureiras
O Pazo de Mos incorpora na súa contorna unha escultura homenaxe ás costureiras
Os xardíns da contorna do Pazo de Mos, recentemente galardoada coa Q de Calidade, foron escenario do acto de presentación da escultura dunha costureira, instalada no lugar tras ser doada pola Escola Provincial de Canteiros á Comunidade de Montes de Mos.
O Concello de Mos lucirá a escultura da Costureira da exposición “D’Pedra” da Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mos veñen de asinar o convenio de colaboración para a doazón da escultura da Costureira pertencente á exposición “D’Pedra”, co fin de difundir o patrimonio histórico-artístico e poñelo en valor.
As Neves organiza un acto de recoñecemento ás 40 ‘costureiras’ que coseron máscaras e batas durante a pandemia da COVID-19
Hoxe sábado 20 de xuño, ás 19 horas e no local do Vide, o Concello das Neves fará un pequeno acto de recoñecemento e agradecemento ao traballo feito por un numeroso grupo de mulleres costureiras das Neves –chegaron a ser 40, de practicamente todas as parroquias e de todas as idades–, que durante o confinamento e ata hoxe, dedicaronse a coser máscaras e batas que se distribuían a través do obradoiro organizado por Maite Isla, en Ponteareas.