Tag: costa serena
Nigrán espera a máis de 400 nadadores na XII travesía a nado Costa Serena
A XII edición da travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán reunirá a máis de 400 nadadores entre os cinco percorridos que se disputarán o domingo 3 de xullo, en Praia América, consolidándose como a proba de natación popular con maior participación de Galicia.
Nigrán abre o prazo de inscrición da XII edición da Travesía a nado Costa Serena
Nigrán abrirá mañá mércores o prazo de inscrición da XII edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán, que se celebrará o 3 de xullo en Praia América.
Preto de 400 nadadores participaron onte domingo na competición celebrada en Praia América
O mozo nadador de 19 anos, Miguel Martínez Novoa, cun tempo de 00:47:53, impúxose na X edición da travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán, que se celebrou onte en Praia América con preto de 400 nadadores. Miguel Martínez Novoa chegou a meta por diante de Marcos Vila Cid (00:49:12) e Lucas Costa Fernández (00:49:15). Na categoría feminina, a vencedora no percorrido de 4.000 metros foi a nadadora portuguesa Soraia Ribeiro, cun tempo de 00:56:13. En segunda posición chegou Cristina García Marín (01:01:09), completando o podio Mónica Incera Filgueira cun tempo de (01:01:12).
Nigrán reunirá a 300 nadadores na X edición da Travesía a nado Costa Serena, que se celebrará o 6 de setembro
A X edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán reunirá a 300 nadadores entre as cinco probas que se disputarán o 6 de setembro en Praia América. A travesía estará marcada por un estrito protocolo sanitario para garantir a seguridade dos participantes, voluntarios e público asistente. Contará coa presenza de nadadores de máis de 50 clubs de natación de sete Comunidades autónomas e unha importante representación de nadadores portugueses con idades comprendidas entre os 5 e os 71 anos. Nesta edición, a participación de mulleres representa máis do 30% do total de nadadores, porcentaxe que foi aumentando nos últimos anos (26% en 2018 e 28% en 2019).
Os nenos e nenas de Nigrán realizarán o cartel oficial da ‘X Travesía a Nado Costa Serena’
O Concello de Nigrán e o Club deportivo Tumetapesonal, en colaboración coa firma deportiva Area, organizan un concurso de debuxo infantil para escoller o cartel anunciador da 'X edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán', que se celebrará o 5 de xullo en Praia América.