19.7 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: corina porro

    Nigrán amosa á Xunta os beneficios do proxecto de mellora da seguridade viaria na contorna de Ureca

    O alcalde de Nigrán, Juan González, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, visitou o remate das obras de mellora da seguridade peonil na contorna de Ureca (PO-552). Este acondicionamente non se contemplaba no proxecto inicial da Consellería de Infraestruturas, pero grazas ás alegacións realizadas polo Concello de Nigrán posteriormente incorporouse a realización dun itinerario peonil na zona.

    Juan González transmítelle a Corina Porro a urxencia de “desatascar” a situación da rúa Otero Pedrayo

    O alcalde de Nigrán, Juan González, mantivo esta mañá na Casa do Concello unha reunión con Corina Porro nun dos seus primeiros encontros oficiais como nova delegada da Xunta en Vigo. A visita, á que asistiron máis membros do goberno local, servíu para que o rexedor lle transmitise persoalmente...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.