13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis

    Tag: consello da infancia

    Escolares de Redondela transmiten ao Goberno local as súas propostas para tres proxectos de espazos de lecer que están en marcha

    O Consello Municipal da Infancia e Adolescencia de Redondela celebrou esta semana a súa segunda reunión plenaria do curso, xuntanza que estivo centrada na realización de propostas para tres proxectos de creación e remodelación de espazos de lecer que o goberno local vai levar a cabo nos próximos meses.

    A mocidade do Porriño participará no Encontro Autonómico de Consellos da Infancia de Galicia

    Por segundo ano consecutivo, O Porriño súmase ao Encontro Autonómico de Consellos da Infancia e da Adolescencia, organizado por UNICEF Comité Galicia que vai ter lugar hoxe venres 22 e mañá sábado 23 de outubro.

    O Consello da Infancia de Tomiño busca solucións ao acoso escolar

    O Consello da Infancia e Adolescencia "Voces Novas" de Tomiño reuniuse esta semana cos seus homólogos do Porriño e Redondela cun obxectivo moi concreto: buscar solucións ao acoso (bullying) que sufren miles de escolares na nosa sociedade

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.