19.1 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis

    Tag: concellos

    ‘ReacPon’, 20 millóns de euros para transformar os municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes

    A Deputación de Pontevedra vén de dar “o pistoletazo de saída ao ReacPon concellos que con 20 millóns de € vai permitir transformar os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia”. Así o destacaron a presidenta provincial Carmela Silva e o vicepresidente César Mosquera trala reunión con “presenza masiva” de alcaldesas e alcaldes, concelleiras e concelleiros, para dar a coñecer as bases e liñas de actuación do máis ambicioso programa de investimento público da historia da institución a fin de enfrontar a reacción nun escenario post covid.

    Gonzalo Caballero propón un fondo extraordinario de 100 millóns de euros para que os concellos poidan facer fronte á COVID-19

    O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou este luns que cómpre que o presidente da Xunta acuda ao Parlamento a explicar as restricións que vai tomar para frear a propagación da covid e as medidas que, nos eidos económico e social, vai poñer en marcha para “protexer aos galegos e ás galegas” fronte a esta terceira onda.

    A Deputación amplía o seu apoio aos concellos cun novo servizo da súa plataforma informática: a cita previa para atención cidadá

    A Deputación de Pontevedra continúa a mellorar a súa Plataforma Informática para ofrecer novos servizos aos 53 concellos da provincia e tres mancomunidades que están adheridos á administración electrónica para que poidan dar resposta ás novas necesidades de xestión municipal derivadas do COVID-19.

    A Deputación ofrece “un gran pacto” na provincia para coordinar coas administracións competentes o camiño da ‘desescalada’

    Na primeira reunión telemática cos alcaldes e alcaldesas da provincia dos concellos de menos de 20.000 habitantes, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofreceu “un gran pacto na provincia coas administracións competentes para poder das resposta ás fases da desescalada, sumando sinerxías, a fin de que as entidades locais fagan o que mellor saber facer: atender a súas veciñanzas”.

    Carmela Silva, “a provincia temos que construíla entre todas e todos”

    Só tres semanas despois da toma de posesión o goberno reuniu ás alcaldesas e alcaldes dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes e presentou as grandes liñas que marcarán o mandato: transición ecolóxica, axenda urbana, máis dereitos, axenda dixital e innovación. “Este é o noso proxecto para seguir a...

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.