Tag: comisións
Manifesto Miñor leva ante o Banco de España “as elevadas e inxustificables” comisións que está a aplicar Abanca
Manifesto Miñor vén de presentar ante o Servizo de Reclamacións do Banco de España e tamén perante o servizo de Atención al Cliente de Abanca, senllos escritos nos que se reclama a "adopción de medidas" para que a entidade bancaria devolva "as comisións elevadas e inxustificables" que está a cobrar. Manifesto Miñor considera "abusivas" unhas comisións de preto de 100 euros anuais por libreta que recaen sobre as coñecidas como contas á vista ou contas correntes "polo que afectan á maioría das persoas que teñen os seus aforros en Abanca".
O Goberno das Neves proporá ao Pleno instar a Abanca para que deixe de cobrar comisións abusivas
O Goberno local das Neves levará ao Pleno da Corporación do vindeiro martes, unha proposta de acordo instando a Abanca a que elimine as comisións abusivas e que devolva as xa cobradas. Ademais, o Goberno municipal, integrado polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE), fará extensiva esta solicitude a todas as entidades bancarias que operan nas Neves.