12.4 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: castelo de sobroso

    O Castelo de Sobroso acolle o martes o concerto de Fisión Atlántica Ensemble

    O Castelo de Sobroso acollerá este martes 8 de agosto un novo concerto no marco do ciclo “Música no Ar” da Deputación, que correrá a cargo da agrupación Fisión Atlántica Ensemble, formada por recoñecidos músicos das orquestras de Galicia.

    A musealización do Castelo de Sobroso na recta final

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a alcaldesa de Ponteareas , Cristina Fernández, visitaron nas últimas horas o Castelo de Sobroso para supervisar as accións de musealización que entran na súa recta final cun renovado discurso museístico apoiado na dixitalización.

    Un proxecto de musealización, apoiado nas tecnoloxías do século XXI, devolverá este verán ao Castelo de Sobroso todo seu esplendor medieval

    “En xullo vémonos no castelo musealizado de Sobroso”. Con este desexo “obxectivo”, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, presentou hoxe o ambicioso proxecto de musealización, que ten un orzamento de 300.000 euros, que mergullará ás persoas visitantes na rica historia da fortaleza da comarca do Condado, apoiándose para elo nas últimas tecnoloxías audiovisuais do século XXI.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.