Tag: casal do monte
O Concello ultima as obras de mellora e ensanche do camiño Casal do Monte en Saxamonde
O Concello de Redondela ultima, nestes días, as obras de mellora e ensanche do camiño Casal do Monte, na parroquia de Saxamonde, unha actuación subvencionada polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra contou para a súa execución cun orzamento de 103.608 euros. Os traballos realizados permitiron o ancheado da vía nun treito de aproximadamente 400 metros –con inicio no entronque co camiño da Vía Vella– para conseguir un viario cun ancho mínimo de 5,5 metros e que logo foi cuberto cunha capa de asfalto de 6 centímetros.
O Goberno redondelán iniciará os traballos de mellora e ensanche do camiño Casal do Monte en Saxamonde
O Concello de Redondela iniciará, en videiras datas, as obras de mellora e ensanche do camiño Casal do Monte, na parroquia de Saxamonde, actuación subvencionada polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que foi adxudicada por importe de 103.608 euros. A actuación estenderase nun treito de aproximadamente 400 metros partindo do entronque co camiño da Vía Vella