Tag: casa da navegación
A Casa da Navegación de Baiona reabre as súas portas mañá e homenaxea a Pedro Novalbos cunha sala que levará o seu nome
A Casa da Navegación de Baiona reabrirá as súas portas o vindeiro venres, 26 de febreiro, cunha sala de exposicións que levará o nome de Pedro Novalbos. Deste xeito, o Concello de Baiona homenaxea a este distinguido persoeiro dedicándolle a Sala dos Naufraxios que pasará agora a denominarse 'Sala Pedro Novalbos'.
Baiona inicia, mañá xoves, a reapertura gradual da Biblioteca Pública Municipal e a Casa da Navegación
Coa posta en marcha da denominada Fase 1 do ‘Plan de Transición cara á Nova Normalidade’ o Concello de Baiona iniciará o xoves 14 de maio o proceso de reapertura gradual das instalacións da Biblioteca Pública Municipal e do Museo Casa da Navegación que se fará “priorizando as medidas se seguridade que garantan a saúde tanto dos usuarios e usuarias coma do persoal municipal”, adianta a concelleira de Cultura, Miriam Costas.