19.5 C
Pontevedra
Domingo, 13 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: carlos núñez

    Carlos Núñez estará en Monteferro o vindeiro 6 de agosto

    O Concello de Nigrán ofrece o 6 de agosto unha segunda oportunidade de ver a Carlos Núñez en Monteferro ante o 'sold-out' para o solpor do día anterior.

    Nigrán apraza os concertos de Carlos Núñez en Monteferro ante a previsión de choiva

    O Concello de Nigrán anuncia o aprazamento dos tres concertos de Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro este venres e sábado ao 27 e 28 de agosto ante a previsión actual de choiva.

    Nigrán tripite con Carlos Núñez este verán en Monteferro

    O Concello de Nigrán ofrece unha terceira oportunidade o día 7 de agosto ás 11:00 horas para todos aqueles que se quedaran sen entradas para ver a Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro o 6 e 7 de agosto ás 20:00 horas, citas nas que se esgotaron en tempo record.

    Carlos Núñez regresa, por aclamación popular, a Monteferro o 7 de agosto

    O Concello de Nigrán ofrecerá novamente dentro da súa programación especial de verán o concerto estelar de Carlos Núñez o 7 de agosto no miradoiro de Monteferro como parte da xira conmemorativa do 25 aniversario de A irmandade das estrelas’ O gaiteiro internacional, que debutou o ano pasado neste marabilloso escenario natural esgotando as entradas en sendas citas de Lugares Máxicos, ofrece nesta ocasión un concerto baseado no seu primeiro disco (que Sony Music reeditará en vinilo e sae á venda o 2 de xullo).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.