Tag: cadro de persoal
Sindicatos e Goberno de Redondela pactan “un acordo histórico”
Comité de Empresa e Xunta de Persoal do Concello de Redondela pecharon, a pasada semana, un acordo co Goberno local que foi cualificado polas forzas sindicais de "histórico". Logo de varios meses de negociacións "con fortes tirapuxas", sinalan, chegouse a un acordo "moi satisfactorio e positivo" para o cadro de persoal.