14.6 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis

    Tag: brais misa

    Gondomar dota ao municipio do Regulamento do Programa Municipal de Acción de Voluntariado

    O pleno do Concello de Gondomar deu luz verde ao regulamento que rexerá a acción dos voluntarios e voluntarias no municipio, un texto que, entre outras cuestións, inclúe a creación dunha bolsa municipal de voluntariado con seguro e formación para os seus integrantes. A colaboración poderase desenvolver en diferentes proxectos como os sociais, sanitarios educativos ou ambientais, entre outros.

    ‘Está na túa man, pecha a billa cando toca’, campaña para fomentar o consumo responsable de auga en Gondomar

    O Concello de Gondomar e Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo de auga, fomentan o consumo responsable de auga coa campaña 'Está na túa man, pecha a billa cando toca'. O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos veciños da importancia de realizar un uso axeitado dos recursos e...

    O Concello de Gondomar implica aos centros escolares na dinámica da compostaxe

    O Goberno local de Gondomar aposta pola compostaxe como contribución á mellora medioambiental. Por ese motivo o concello que preside Paco Ferreira pon ao dispor dos colexios que o soliciten, un composteiro individual de 300 litros onde poderán reciclar os residuos orgánicos que se xeneren nel.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.