10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: baile deportivo

    Cincuenta parellas compiten este domingo no VII Trofeo Eurocidade Tui-Valença de Baile Deportivo

    O Pavillón Deportivo Municipal “Gustavo Rodríguez” de Tui acolle este domingo o VII Trofeo Eurocidade Tui-Valença de Baile Deportivo. A competición está organizada polo Club de Baile Deportivo Pasos-Bailegalicia coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença.

    As Meninas, Campioas Galegas de Danza Coreográfica

    O pasado domingo, 13 de decembro, celebrouse o XIX Trofeo de Baile Deportivo Concello de Narón que comprendía o Campionato Galego de Danza Coreográfica e Campionato Galego de Modalidade Estandard.

    Patricia Martínez acada un novo Ouro no Campionato de España Profesional Standard 2019

    O Salón de Sesións do Concello acolleu esta semana a recepción á bailarina mosense Patricia Martínez logo de proclamarse Campioa de España Profesional Standard 2019. Na recepción, Patricia estivo acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; as concelleiras de Deportes e Cultura, Begoña Toucedo e Sara Cebreiro, respectivamente, e demais membros do equipo de Goberno local e membros da Corporación Municipal.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.