11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaO goberno guardés apoia a manifestación en favor da atención primaria na...

    O goberno guardés apoia a manifestación en favor da atención primaria na sanidade

    Dende fai anos o goberno municipal da Guarda ven reclamando á Xunta de Galicia, por distintas canles, a mellora da atención primaria para a localidade. A situación da sanidade na Guarda, lonxe de mellorar, estase convertendo nun problema crónico ao que os responsables do SERGAS non dan solución. De todas as demandas que o alcalde e o persoal dos servizos sanitarios fan continuamente a máis importante é a falta de persoal. Non cubrir baixas ou vacacións, facer contratos precarios, sobrecargar aos sanitarios con cupos de outros compañeiros ou compañeiras, conleva un deterioro da atención intolerable, con esperas para as consultas dos veciños e veciñas inadmisibles. 

    Por esta situación precaria que se ven dando dende fai moito tempo na Guarda o Goberno Municipal apoiou a solicitude da plataforma SOS Sanidade Pública para a manifestación do domingo 14 de novembro baixo o lema “Salvemos a Atención Primaria”.

    O mesmo problema que está a sufrir A Guarda estase a producir noutros concellos da comarca. Dada esta situación os alcaldes e alcaldesas da Mancomunidade do Baixo Miño tomaron a decisión de apoiar tamén a manifestación e, igual que sucedera na do pasado 30 de setembro, a Mancomunidade poñerá a disposición dos veciños e veciñas dos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, autobuses de balde para poder desprazarse a Santiago o próximo día 14 de novembro.

    Neste senso asistimos estes días ao anuncio de que a Xunta ten previsto facer na Guarda un centro integral de saúde (CIS). Dende logo que nos da satisfacción este recoñecemento implícito por parte da Xunta de Galicia de que a situación da Atención Primaria na Guarda está mal e ten moito que mellorar. Levamos moitos anos demandando melloras e aumento nos servizos do noso Centro de Saúde. Ata agora os responsables do SERGAS nunca atenderan as nosas demandas, por fin se dan conta de que estamos a moito tempo de Vigo, de que necesitamos, entre outras cousas, un servizo de radioloxía, un segundo equipo para o PAC e un edificio en mellores condicións. Dende logo non tería ningún sentido unha mellora da infraestrutura se non mellora o servizo, por iso seguiremos demandando unha atención primaria de calidade.

    Para poñer en marcha o CIS da Guarda o alcalde, Antonio Lomba, xa se puxo en contacto co Conselleiro de Sanidade, Julio García, para poñer data dunha reunión de traballo, necesaria para empezar a dar os primeiros pasos. O alcalde ofrece total colaboración institucional para levar adiante este proxecto.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.