12.7 C
Pontevedra
Xoves, 2 de Maio de 2024
Máis

    Tag: asamblea

    Redondela participa na asemblea xeral do Fondo Galego de Cooperación

    O Concello de Redondela, representado por Olga García Ballesteros, concelleira de Xuventude, Ensino e Participación Cidadá, participou na Asemblea Xeral do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, desenvolvida na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela e na que se aprobaron por unanimidade os proxectos de cooperación internacional, a 'localización' da Axenda 2030 e a loita contra o cambio climático.

    Os comuneiros de Atios convocan unha asamblea o vindeiro 17 de outubro

    Cumprindo estritamente todas as medidas de hixiene e seguridade sanitarias para evitar contaxios de Covid-19, a xunta reitora da comunidade de montes de Atios convoca aos comuneiros á asemblea xeral ordinaria para este sábado 17 de outubro.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.