Tag: ambulancia
O PSOE de Ponteareas valora positivamente o funcionamento dunha nova ambulancia 24 horas para o municipio e comarca
As veciñas e veciños de Ponteareas e da comarca do Condado e A Paradanta terán a partir do vindeiro día 16 de agosto unha nova ambulancia 24 h que se unirá a xa existente. Esta mellora foi valorada positivamente polo PSOE ponteareán que agradece á empresa adxudicataria "que contemplara esta ampliación como unha mellora a propoñer para o servizo que se presta no noso concello e que o PP retirou hai uns anos".