19.4 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis

    Tag: álvaro cunqueiro

    Nigrán homenaxea este venres a Álvaro Cunqueiro no seu 40 cabodano dentro dos actos do Día do Libro

    O Concello de Nigrán celebra o Día do Libro este propio venres 23 de abril no Auditorio Municipal cunha xornada matinal adicada á figura de Álvaro Cunqueiro ao coincidir este 2021 co seu 40 cabodano. O obxectivo do goberno local é promover a lectura entre a veciñanza e, ao mesmo tempo, a propia lingua galega a través dun dos seus escritores máis ilustres.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.