18.3 C
Pontevedra
Mércores, 16 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: a vaquería

    Pedro Pereira declara que o Concello do Porriño está “parcialmente satisfeito” co compromiso da Xunta sobre A Vaquería

    O primeiro tenente de alcalde do Porriño, Pedro Pereira trasladou onte a unha representación veciñal da Vaquería a impresión de que o goberno municipal “está parcialmente satisfeito” co resultado da reunión que onte mantivera con Francisco Menéndez, director xeral da Axencia Galega de Infraestruturas para tratar do proxecto da variante.

    Desconvócase a concentración da Vaquería ante o anuncio da Xunta de que informará do proxecto o luns 16

    O Concello do Porriño anuncia que decidiu desconvocar a concentración de protesta que ía celebrarse o xoves 12 na Vaquería ante o anuncio da Xunta de Galicia de que o luns 16 informará sobre o proxecto de reforma e mellora da seguridade viaria desa travesía.

    A Xunta comprométese a presentar en tres meses a mellora da travesía da Vaquería no Porriño

    A Xunta de Galicia tén de prazo ata o 11de outubro para presentar un proxecto de mellora da seguridade viaria na travesía do barrio A Vaquería, en Budiño, segundo o compromiso adquirido a pasada semana, polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, ante a alcaldesa do Porriño,...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.