Tag: a moscadeira
Aprobados os pregos de licitación para a redacción do proxecto de ampliación da depuradora da Moscadeira en Ponteareas
Novos pasos para que a nova depuradora de Ponteareas sexa unha realidade. O consello de administración de ACUAES (Aguas de las Cuencas de España), dependente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, aprobou este martes os pregos de licitación do contrato para a redacción do proxecto, execución e posta en marcha das obras de mellora e ampliación da estación depuradora da Moscadeira, unha intervención que suporá un investimento total de 14,1 millóns de euros.