ponteareas

Ponteareas

A veciñanza de Areas, Arnoso e Xinzo esixe solucións á seguridad da N-120

Onte 12 de abril as veciñas e veciños de Areas, Arnoso e Xinzo, parroquias atravesadas pola N-120, dixeron "basta xa". Aseguran estar cansos "de tanta tomadura de pelo por parte de Fomento", así que botáronse á rúa cargados de cruces que, tristemente, lembraban aos mortos que se producen todos os anos nunha vía que cruza tres das parroquias máis densamente poboadas do municipio.

ACiP denuncia a presenza de auxiliares de Policía Local "poñendo multas de tráfico"

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas e candidato á alcaldía, Juan Carlos González Carrera, vén de denunciar o que considera “alarmante incremento de sancións e recadación abusiva” por parte do Concello de Ponteareas en materia de tráfico. Segundo González Carrera a súa formación tivo que recorrer “ao amparo do secretario municipal para que lle fora recoñecido o dereito a acceder a esta información”. Segundo os datos, di o portavoz de ACiP, no 2017, as sancións impostas foron 1.878 fronte as 1.329 do ano 2017”.

Belén Villar propón un 'Plan Parroquias' para a súa dinamización

A voceira e candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, presentou, esta mañá, outra dás propostas incluídas no seu programa electoral. “Hoxe presentamos o Plan Parroquias, porque as 23 son parte esencial do noso municipio. O goberno actual, ten totalmente abandonadas as parroquias de Ponteareas.”, afirmou Belén Villar. Para a candidata do PP é unha prioridade que se atenda as parroquias e que se conecten co centro do municipio.

Traballadores de Faibus concéntrase fronte á casa dun directivo da empresa en Ponteareas

A CIG volveu onte a Ponteareas para mobilizarse diante do domicilio dun dos directivos da empresa de transportes Faibus UTE. A concentración tiña como obxecto reclamar a readmisión do traballador despedido "por esixir os seus dereitos laborais" asegura a Central. Con anterioridade o sindicato desenvolvera dúas concentracións na casa do xerente da empresa, na parroquia de Vilasobroso, en Mondariz.

O Goberno de Ponteareas desminte os datos de Belén Villar sobre a economía municipal

O Concello de Ponteareas negou as acusacións realizadas por Belén Villar, candidata do PP á alcaldía, nas que afirmaba que 500 facturas por importe de 1,6 millóns de euros non foran contabilizadas e supoñían unha débeda que hipotecaría á futura corporación. O Concello desminte á edil do PP e afirma que “todas esas facturas están contabilizadas co visto bo da intervención municipal" e lembra que "quen as contabiliza é o interventor, non o alcalde”.

Continúa aberta a inscrición para o Campamento Urbano da Cruz Vermella de Ponteareas

O próximo 15 de Abril dará comezo o Campamento Urbano “O tesouro de Cleopatra”, que a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Condado organizou para máis de 30 nenos do municipio. Ao longo de tres días 15, 16 e 17 de Abril, en horario de 9 h a 14 h, levarán a cabo multitude de actividades e xogos entre os que se atopan: unha ruta de sendeirismo, o gran xogo, manualidades, cancións... todos eles foron planificados para transportar aos/ as nenos/ as participantes a unha historia cargada de maxia, valores e aventuras.

Suscribirse a este canal RSS