14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: bosque escola

    Nigrán reafírmase na súa aposta polo medio ambiente coa creacion da segunda ‘Escola-Bosque’

    Tal e como xa anunciara o Concello, o programa #MestredeObra de Sistema Lupo tamén deseñará un bosque-escola para o CEIP Carlos Casares de Vilariño, tal e como demanda desde hai anos a comunidade educativa. Neste caso, trátase de integrar unha parcela municipal lindeira de 2.000 metros cadrados (separada físicamente por un muro e alambrada) e que no 2018 o Concello bautizou como 'Souto Casares' tras realizar unha plantación na que participou todo o colexio e os dous fillos do escritor.

    Nigrán proxecta a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP Carlos Casares aproveitando a tomada municipal ao seu carón

    O Concello de Nigrán consignará 7.000 € do orzamento municipal 2021 á redacción dun proxecto paisaxístico para crear un 'Bosque-Escola' no CEIP Carlos Casares aproveitando a parcela municipal ao su carón coñecida como 'Souto Casares'. O deseño correrá a cargo do programa #Mestradeobra que o colectivo galego Sistema Lupo ven realizando en colexios públicos de Galicia e que a comunidade educativa de Vilariño ten como referencia ao defender o xogo como o mellor método de aprendizaxe.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.