21.2 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigran inicia o luns un amplo programa para conmemorar o «Día Internacional...

    Nigran inicia o luns un amplo programa para conmemorar o «Día Internacional contra a violencia de Xénero

    O IES Proval acollerá este luns unha performance do programa 'Mulleres en acción. Violencia Zero' e entre o resto de actividades do Concello ao longo do mes haberá cine, teatro e un obradoiro no IES Val Miñor

    O Concello de Nigrán súmase un ano máis á conmemoración do ‘Día Internacional Contra A Violencia de Xénero’ o 25 de novembro coa celebración durante todo o mes de diversos actos alusivos que arrancan este mesmo luns 11 e que terán entre o 18 e 25 de novembro visibilidade nos establecementos comerciais a través da campaña ‘En Negro contra as violencias’.

    Así, este luns 11 de novembro no IES Escolas Proval escenificarase unha performance a cargo de María Vallina no marco do programa ‘Mulleres en Acción. Violencia Zero’ impulsado pola Deputación de Pontevedra. Non será a única acción promovida polo Concello en centros educativos, xa que o mesmo día 25 de novembro impartirase no IES Val Miñor a través de Ciudad Ciencia o obradoiro ‘Sobre as violencias sexuais’ e , no CPI Arquitecto Palacios, terá lugar o espectáculo teatral pedagóxico ‘Golpes’, con Estíbaliz Veiga. Tamén será representada a obra ‘Sucedáneo’, a cargo da compañía Teatro do Ar, o día 23 de novembro no Auditorio Municipal, mentres que o 25 proxectarase a película “Refuxiado”.

    Un ano máis, dende o Concello se anima de novo ao sector do comercio a involucrarse nesta edición da campaña ‘Nigrán en Negro’ vestindo de negro os establecementos comerciais e hostaleiros, en sinal de loito por todas as mulleres que sofren violencia, convertendo a localidade nun gran escaparate que transmita unha mensaxe de rexeitamento da violencia de xénero e solidariedade coas vítimas.

    No ano pasado máis de 150 establecementos nigraneses de todo tipo participaron na campaña e o obxectivo é superala. Con este obxectivo, dende o CIM se repartirán carteis, camisetas, manteis e demais merchandising entre os establecementos comerciais e quen queira participar só ten que chamar ao teléfono 986 383081 ou enviar un correo electrónico a cim@nigran.org.

    “Os establecementos comerciais e hostaleiros son os grandes protagonistas das nosas rúas, por iso precisamos a participación de todos, queremos mandar unha mensaxe unánime á veciñanza de denuncia e solidariedade, queremos un Nigrán libre de violencia”, reflexiona o alcalde, Juan A. González. “O obxectivo final de todas estas accións é deixar patente a nosa repulsa ante calquera tipo de maltrato á muller e concienciar disto a toda a veciñanza”, finaliza.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS