11.8 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis

    Tag: nigrán en negro

    ‘Nigrán en Negro’ e unha moción plenaria, iniciativas do Concello para conmemorar o 25N

    O Concello de Nigrán conmemorará un ano máis o 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, con diferentes accións revindicativas. Así, a iniciativa do Centro de Información as Mulleres (CIM) do Concello de Nigrán, centos de establecementos do municipio "vestirán" esa semana os seus escaparates de negro en sinal de loito polas víctimas de maltrato. Paralelamente, o goberno de Nigrán proporá unha moción institucional no pleno ordinario do 23 de novembro reiterando o seu compromiso para erradicar esta lacra da nosa sociedade.

    Nigran inicia o luns un amplo programa para conmemorar o «Día Internacional contra a violencia de Xénero

    O Concello de Nigrán súmase un ano máis á conmemoración do 'Día Internacional Contra A Violencia de Xénero' o 25 de novembro coa celebración durante todo o mes de diversos actos alusivos que arrancan este mesmo luns 11 e que terán entre o 18 e 25 de novembro visibilidade nos establecementos comerciais a través da campaña 'En Negro contra as violencias'.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.