Baiona acolle este sábado 24 de xuño o Festival de Maxia “Baiona Pinta Maxia”. O evento, organizado polo Concello de Baiona, congregará a artistas de recoñecido prestixio dentro do ilusionismo como: Carlos Tomico e Sara Rodríguez, da cooperativa “Mangia na Manga”, Samuel Moreno ou Wocky.
Nesta edición 2023, a maxia volve ao muso flotante da Carabela Pinta, que deu nome ao festival, introducindo como novidade a repartición de tickets 20 minutos antes de cada pase para fixar a hora á que van entrar ás instalacións.
Todas as actividades son gratuítas. Para poder participar nalgunhas delas é necesaria a inscrición previa a través do WhatsApp (685960370) ou a través de baionapintamaxia@gmail.com, como é o caso do taller de maxia, xa que o aforo é limitado.