O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu un acto de recoñecemento á traxectoria do deportista baionés Antón Iglesias Leyenda “Kopa”.
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, a concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, fixeron entrega dun agasallo institucional de parte da vila.
O pasado 17 de xuño, o baionés proclamábase campión de Europa na Copa de rexións UEFA coa selección galega, dirixida por Iván Cancela.
O rexedor da vila, Jesús Vázquez Almuiña, destacou a carreira deportiva do baionés “grazas por levar ou nome de Baiona alá por onde vas. É un orgullo contar con deportisas deste nivel na nosa localidade”. Almuíña tamén subliñou o papel do deporte na sociedade baionesa, salientando o compromiso do Concello en apoiar aos deportistas, equipos e clubs locais”.
O deportista baionés estivo arroupado no acto polos seus pais.