20.6 C
Pontevedra
Sábado, 23 de Setembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaiona«Novembro Lila» achega ao alumnado do CPI Cova Terreña de Baiona a...

    «Novembro Lila» achega ao alumnado do CPI Cova Terreña de Baiona a igualdade na arte a través do obradoiro Afinidades Diversas

    A programación organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, «Novembro Lila», continúa coas súas actividades.

    A Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira Costas, acercouse hoxe ata o CPI Cova Terreña para coñecer o obradoiro ‘Afiidades Diversas’ e acompañar a Anne Malgogne Dumesnil ‘Amadu’, Brigitte Darras Dit ‘Bivan’, Fabbienne Alliou-Lucas, as artistas francesas que xunto coa artista baionesa Irene Silva, impartiron una serie de obradoiros para o alumnado de 1º da ESO neste colexio baionés.

    A delegación francesa de artistas de Pornic e artista baionesa tratan con este obradorio de dar visibilidade oa traballo das mulleres artistas que ao longo da historia da arte virou o seu traballo invisibilizado. Os obradoiros tamén conta con una parte práctica no que o alumnado deixa voar a súa imaxinación.l

    Este ano a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona vai aproveitar o aniversario co irmandamento con Pornic, para abrir o círculo e integrar a mirada de artistas francesas, as cales forman parte da programación, non só expoñendo as súas pezas, senón que tamén dirixen estes obradoiros para o alumnado dos centros educativos de Baiona.

    Entre as actividades estrela desta edición 2022 atópase a exposición e o encotro cas artistas “Afinidades divesas” que se inaugurá mañá as 19:00 h no Multiusos Mercado de Sabarís. Anne Malgogne Dumesnil ‘Amodu’, Brigitte Darras Dit ‘Bivan’, Fabbienne Alliou–Lucas, son as artistas francesas que xunto as artistas baionesas Irene Silva, Mar Caldas e Elvira Jardón exporán o seus traballos ata o 27 de novembro no Multiúsos Mercado de Sabarís, podendo visitarse os sábados de 16:30 h a 19:00 h e os domingos de 16:30 h a 19:30 h, unha oportunidade moi valiosa para tecer lazos e traballar en proxectos comúns no futuro. (Para visitas grupais concertar cita no teléfono 620 065 056)

    O ‘Novembro Lila’ é un programa deseñado para dar visibilidade á secuela da violencia machista coincidindo con motivo do 25 N, día internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha programación que abarcará todo o mes de novembro e contará cunha importante presenza feminina, cuxas pezas e traballos contan historias vividas e sentidas por mulleres.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS