15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona realiza labores de limpeza de espazos verdes e rozado de vías...

    Baiona realiza labores de limpeza de espazos verdes e rozado de vías de titularidade municipal

    Os traballos comezaron esta semana en Sabarís e na senda fluvial de Baredo. O Concello procede tamén á limpeza e acondicionamento do casco urbano

    Dende o pasado luns, 18 de maio, o Concello de Baiona iniciou os traballos de roza nas vías de titularidade municipal e nos espazos verdes do municipio de cara a que, agora que o permite a actual situación de desconfinamento, veciños e veciñas poidan gozar espazos limpos e perfectamente preparados tanto para realizar os seus desprazamentos coma o seu tempo de lecer.

    As labores de limpeza iniciáronse na senda fluvial de Baredo para continuar en Sabarís, onde se procedeu ao rozado de parte dos camiños da parroquia, labores que proseguirán nas vindeiras semanas ata completar a totalidade do municipio.

    Cómpre salientar que a situación de alerta sanitaria orixinada pola crise da COVID-19, obrigou ao Goberno local de Baiona a pasar a un estado de servizos mínimos, pospoñer estas labores de roza e destinar ao persoal municipal “a labores de atención á veciñanza para afrontar a situación de emerxencia que se estaba a vivir”.

    O alcalde Carlos Gómez, salientou que, en canto as condicións o permitiron, “comezouse cos traballos coa antelación suficiente para que, coa chegada da época estival, Baiona presente o seu mellor aspecto tal e como corresponde a un punto de referencia turística non só de Galicia, senón de España”.

    A contribución do Concello ao desenvolvemento e dinamización económica do municipio, “pasa tamén por iniciativas como esta que contribúen a reforzar a imaxe turística do noso municipio e a unha reactivación do seu sector produtivo”.

    Casco urbano

    Doutra banda, persoal do Concello de Baiona procede, tamén dende o pasado luns 18 de maio, á limpeza e acondicionamento das rúas do casco urbano con vistas á entrada, o vindeiro luns 25 de maio, na Fase 2 do proceso de desescalada que permite unha maior liberdade na mobilidade das veciñas e veciños.

    Os traballos centráronse a zona dos Tendais, nas rúas Ramón y Cajal, Jerez de la Frontera, Marqués de Quintanar e Tomás Mirambell, coa finalidade que presenten o mellor aspecto posible de cara a seu uso por parte da veciñanza.

    A progresiva volta á denominada Nova Normalidade, sinala o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, “permite que o Concello, ata agora en servizos mínimos e centrado na atención da cidadanía ante a situación creada pola COVID-19, poida ir retomando, pouco a pouco, estas labores habituais”.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.