Baiona acollerá o venres 23, o sábado 24 e o domingo 25 de xuño o seu terceiro Festival de Maxia baixo o título “Baiona Pinta Maxia”. O evento, organizado pola Concellería de Cultura, congregará a artistas de recoñecido prestixio dentro do ilusionismo como: Dania Díaz, participante no programa Got Talent e recoñecida como unha das maiores expoñentes da maxia a nivel de internacional; Adrián Carratalá, un dos magos máis creativos que hai en España; “Edu o Mago”, un ilusionista moi dinámico e divertido para toda a familia que vén desde Madrid; ou os vigueses Carlos Tomico e Sara Rodríguez, da cooperativa “Mangia na Manga” entre outros moitos. Ademais dos xa tradicionais ilusionistas do festival como son Samuel Moreno ou Javi Rufo.
Tras o éxito dos dous primeiros festivais, o Concello de Baiona volveu á apostar por este evento e programou novas actividades como un Scappe Room, conferencias…ampliando os espectáculos das edicións de 2021 e 2022.
Nesta edición 2023, a maxia volve ao muso flotante da Carabela Pinta, que deu nome ao festival, introducindo como novidade a repartición de tickets 15 minutos antes de cada pase para fixar a hora á que van entrar ás instalacións.
Todas as actividades son gratuítas. Para poder participar nalgunhas delas é necesaria a inscrición previa a través do WhatsApp (685960370) ou a través de baionapintamaxia@gmail.com, como é o caso dos talleres de maxia ou o Escape Room, xa que o aforo é limitado.
Esta nova oferta para a última fin de semana de xuño coincide supón un pistoletazo de saída á tempada estival na localidade. Os espectáculos están pensados para que se vexan na rúa e supoñen unha posta en valor dos distintos espazos da vila.
Os ilusionistas que intervirán en Baiona son todo un referente da maxia. O elenco está composto por grandes referentes galegos e nacionais nesta especialidade que asolagará as rúas e prazas de Baiona nuns días repletos de maxia.