4.5 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaA Deputación repara a pasarela de madeira da Estrada de Subida á...

    A Deputación repara a pasarela de madeira da Estrada de Subida á parroquia de Baíña

    A Deputación de Pontevedra atópase realizando obras de reparación da pasarela de madeira da estrada de subida á parroquia de Baíña, en Baiona.

    O concelleiro de Vías e Obras do Concello de Baiona, Gonzalo Pérez Barreiro,  achegouse ata o lugar para supervisar os traballos e comprobar a evolución das obras de mellora. 

    A reparación da pasarela de madeira situada na EP.2201_BAIONA- BAHIÑA – As Fontes, na zona da estrada de subida á parroquia de Baíña próxima á urbanización “Almirante Fontán”, un total de 104 metros de lonxitude, que discorre de maneira íntegra polo municipio, leva sendo necesaria desde hai un tempo.

    Os arranxos consisten no desmonte e substitución na súa totalidade das vigas de madeira existente, desmonte e substitución por completo da tarima de madeira e reparación da estrutura metálica. En canto á estrutura  de ferro, as obras de mellora consisten no pulido e pintado da infraestrutura.

    Dada a situación de atraso nos traballos de arranxo dos danos, e dada a funcionalidade e características da estrada, o Alcalde de Baiona e Deputado Provincial, Jesús Vázquez Almuiña, púxose en contacto coa administración provincial para incidir na reparación da pasarela de madeira que levaban un importante tempo pendente. O persoal técnico do Servizo de Estradas da Deputación deu resposta á devandita solicitude poñendo en marcha unha actuación urxente de reparación, dado que é unha infraestrutura moi utilizada pola veciñanza de Baíña que se despraza a pé ao núcleo da Vila. 

    Cos traballos  están a desenvolverse ponse fin a uns danos nunha estrada moi utilizada pola veciñanza do lugar e que levaban tempo esperando dita reparación.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.