O Concello de Redondela, un ano máis, pon en marcha un novo Programa integrado de Emprego, financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Servizo Público de Emprego Estatal e co cofinanciamento do Concello de Redondela. O programa, cunha duración inicial dun ano, te como obxectivo acadar o 45 % de inserción laboral doa participantes. A iniciativa céntrase en promover a inserción laboral e a mellora da ocupabilidade de 100 demandantes de emprego de Redondela. Está dirixido a persoas desempregadas, con prazas reservadas especialmente para parados con discapacidade, persoas e risco de exclusión social, menores de 30 anos con ou sen cualificación, maiores de 45 anos, mulleres ou parados de longa duración, pero tamén para persoas desempregadas que non estean incluídas en ningún dos grupos anteriores.
Ao longo dos meses que dura o programa, os participantes reciben orientación e asesoramento, formación en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de traballo e fomento da capacidade emprendedora, entre outras cuestións. A formación práctica está tamén moi presente, con prácticas profesionais non laborais en empresas. Ademais os demandantes de emprego participantes reciben ofertas de traballo emparelladas co seu perfil.
O programa conta con medidas de conciliación da vida laboral e familiar, e todas as persoas que participen terán dereito a percibir unha bolsa de 10 euros por día de asistencia. Os interesados en participar poden inscribirse no Centro de Formación A Marisma, nos teléfonos 986 40 83 88 ou 604 035 909 ou no enderezo per@redondela.gal antes do 5 de xaneiro. A próxima semana, o luns 18 e o mércores 20, haberá reunións informativas ás 11.00 horas no auditorio da Xunqueira para todas aquelas persoas paradas que queiran asistir.