8.8 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO contacontos "Pés de lobo" aterriza en Redondela

    O contacontos “Pés de lobo” aterriza en Redondela

    O vindeiro xoves, 23 de novembro ás 18:00 horas, desenvolverase un novo contacontos na Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela, dentro do programa “Tardes de Outono. Contos en familia” organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso.

    Contaran co narrador Anxo Moure  interpretando o seu espectáculo de narración oral “ Pés de lobo”, para  nenas e nenos a partir de 4 anos. A actividade é de balde pero é necesaria a inscrición previa desde o venres anterior á actuación, a través do correo electrónico: info@tallerabierto.gal ou no whatsapp 617340323. Unha actividade organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso, coa colaboración do Concello de Redondela e as Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.