O vindeiro domingo celébrase o Día Mundial do Enoturismo e con motivo de tal celebración o Concello de Salvaterra de Miño quere promover un dos seus maiores expoñentes cunha xornada de portas abertas.
De xeito gratuíto e por grupos os visitantes descubrirán o Museo da Ciencia do Viño, un espazo de divulgación da viticultura e enoloxía de España. Un museo altamente interactivo, didáctico, idóneo para o desfrute de toda a familia.
O horario de visita será de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas e para inscribirse é
preciso porse en contacto co museom ben por correo electrónicomuseocienciavino@concellodesalvaterra.org, ou ben nos teléfonos 617148866 e 629770177. As prazas son limitadas.