17.5 C
Pontevedra
Venres, 4 de Outubro de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas pon en marcha unha nova edición de «ActivaTea», campamento de verán...

    Ponteareas pon en marcha unha nova edición de «ActivaTea», campamento de verán para a mocidade

    Dirixido a rapazada de 13 a 17 anos, as actividades serán os luns, mércores e venres de xullo e agosto en horario de mañá. As persoas interesadas poden xa inscribirse en voluntariado@ponteareas.gal

    O Concello de Ponteareas pon en marcha unha nova edición do programa ‘ActivaTea’, un campamento dirixido a mozas e mozos de 13 a 17 anos no que poderán gozar dun amplo programa de actividades educativas e de lecer durante os meses de xullo e agosto. As actividades desenvolveranse ao aire libre todos os luns, mércores e venres de 10.00 h a 14.00 horas.

    Trátase dun programa de actividades pensado para unha franxa de idade que require unha maior oferta lúdica e formativa e para a que habitualmente non hai tantas opcións dispoñibles. A través do ‘ActivaTea’, rapazas e rapazas poderán gozar dos espazos de lecer, convivencia e socialización saudables, ao tempo que se fomenta a autonomía e a interacción e o traballo en equipo e se poñen en valor os recursos de interese da vila, promovendo a sensibilización ambiental e o servizo comunitario.

    As persoas interesadas en participar poden inscribirse xa enviando un correo electrónico a voluntariado@ponteareas.gal. O campamento terá un prezo de 25 euros por participante.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.