14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas organiza unha visita guiada para coñecer a obra dos mestres Cerviño...

    Ponteareas organiza unha visita guiada para coñecer a obra dos mestres Cerviño no municipio

    A actividade é de balde e as persoas interesadas poden apuntarse na Biblioteca Municipal, en turismo@ponteareas.gal ou no 986 660 765

    A visita guiada sairá do cemiterio municipal de Ponteareas, un dos epicentros da obra do “Mestre Cerviño”

    Ignacio e José, ambos de apelido Cerviño, coevos e procedentes de Aguasantas, en Cotobade, son dous escultores cunha gran pegada no patrimonio artístico de Ponteareas e da súa bisbarra. Existe certa polémica entre os investigadores na atribución da autoría das distintas obras do chamado “Mestre Cerviño”, dada a súa coincidencia en tempo e nome, e ambos autores de obras na vila de Ponteareas de gran valor. Para coñecer o seu legado, o Concello organiza unha visita guiada o vindeiro domingo, 3 de outubro, ás 11.00 horas con saída no cemiterio municipal, un dos epicentros da obra do “Mestre Cerviño” en Ponteareas.

    A actividade é de balde e as persoas interesadas poden apuntarse na Biblioteca Municipal, en turismo@ponteareas.gal e no 986 660 765. Esta visita forma parte do programa “Coñece Ponteareas”, que organiza a Concellería de Promoción Económica, que dirixe Eva Gil, para pór en valor o patrimonio cultural e natural da vila do Tea.

    A través da visita ao legado dos mestres Cerviño, e da polémica da súa autoría, coñeceremos tamén moitos aspectos da historia da vila. Visitaranse obras destacadas destes autores, como a Fonte da Fama ou do Anxo, o Desencravo do barrio das Cachadas e outras, especialmente os traballos dos Cerviño no cemiterio municipal, un verdadeiro museo no que se atopan varios panteóns asociados aos artistas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.