8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasOs nenos serán os protagonistas dunha nova actividade do programa Apego de...

    Os nenos serán os protagonistas dunha nova actividade do programa Apego de Ponteareas

    O xogacontos participativo ‘Brincadeira Pirata’ chega este xoves 28 de abril ás 18.00 h á sala multiúsos do auditorio municipal. É necesaria inscrición previa

    O programa Apego volve desembarcar en Ponteareas cunha nova actividade na que as nenas e nenos serán os verdadeiros protagonistas. A sala multiúsos do auditorio municipal acollerá este xoves 28 de abril ás 18.00 horas ‘Brincadeira Pirata’, un xogacontos participativo de Teatro Calavera onde cativos e cativas se converterán en audaces piratas que vivirán unha grande aventura nunha illa tan misteriosa coma perigosa.

     A actividade, que está recomendada para nenas e nenos de entre 3 e 8 anos, forma parte do programa Apego, un proxecto colectivo que busca “fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos rapaces e rapazas de entre 0 e 6 anos no noso idioma”, como explica o concelleiro de Lingua, Fernando Groba.

    A actuación será de balde, aínda que para poder asistir é necesaria reserva previa de praza a través do correo electrónico lingua@ponteareas.gal ou do teléfono 986 64 00 00, extensión 1010. O edil convida a todas as nais e pais a participar cos seus fillos e fillas e gozar dunha divertida tarde de lecer en galego en familia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.