17.3 C
Pontevedra
Xoves, 5 de Agosto de 2021
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO programa Mocidade Viva de Ponteareas organiza unha xornada de voleibol nas...

    O programa Mocidade Viva de Ponteareas organiza unha xornada de voleibol nas pistas polideportivas da Freixa

    A actividade, para mozos e mozas maiores de 12 anos, será o venres 23 de xullo ás 20.00 h

    O programa Mocidade Viva prepara unha nova actividade coa que promover un lecer saudábel e alternativo para rapaces e rapazas maiores de 12 anos. Este venres 23 de xullo a partir das 20.00 horas, mozos e mozas poderán participar nas Xornadas de Voleibol, unhas horas nas que coñecer ou achegarse un pouco máis a este divertido deporte cheo de beneficios para corpo e mente.

    As xornadas desenvolveranse nas pistas polideportivas da Freixa e, en caso de choiva, trasladaranse ao xoves 29 de xullo. A actividade será de balde e desenvolverase con todas as medidas sanitarias de seguridade. Pódese solicitar máis información ou inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo mocidadeviva@ponteareas.gal.

    O concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, anima a toda a rapazada a participar nesta actividade e en todas as organizadas este verán ao abeiro da iniciativa Mocidade Viva, un programa estábel de actividades lúdicas e formativas dirixidas á mocidade, ofrecéndolles espazos de lecer e socialización seguros e saudábeis.

    COLABORACIÓNS

    O Morrazo e O Salnés, éxito asegurado

    Con motivo del día de la patria gallega esta publicación está dedicada a nuestra mágica tierra. “Miña terra galega, donde el cielo es siempre gris” cantaba Siniestro Total allá por los 80.

    Santiago Lopo, «A carteira»

    Santiago Lopo volve a sorprendernos cunha novela na que demostra a súa habilidade para conxugar unha chea de elementos que semellan dispares e que, baixo a súa pluma, combinan á perfección, e facelo dun xeito ameno sen que iso signifique deixar de lado nin a fondura de pensamento nin certa capacidade reivindicativa.

    Clafoutis, un postre clásico francés a base de cerezas

    Os presento uno de los postres más conocidos de la repostería francesa, el Clafoutis. Un postre sencillo, con una elaboración y una combinación de ingredientes que le dan una textura y sabor exquisitos. La combinación de almendra y cereza veréis que es realmente deliciosa.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    8 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    3 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    43 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    34 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    1 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS