4.5 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasGales e Galicia estreitan lazos en Ponteareas

    Gales e Galicia estreitan lazos en Ponteareas

    A choiva non foi capaz de escurecer a calorosa benvida que o alumnado do IES Val do Tea tiña dentro do seu corazón para recibir aos vinte alumnos do Ysgol Cwm Brombil de Port Talbot, Gales.

    Nin o mal tempo nin o Bréxit foron quen de frear as gañas de experiencias vitais do profesorado e do alumnado de ámbolos dous centros que, apostando por un ensino vivencial, participa no TAITH, un programa do goberno de Gales para potenciar a mobilidade de estudantes e crear oportunidades de aprendizaxe con diferentes centros educativos do mundo.

    O TAITH, palabra que en galés significa viaxe, promove un intercambio internacional proporciónandolle ao alumnado a oportunidade de viaxar ao estranxeiro, participar en diferentes actividades que lles permitan compartir experiencias de aprendizaxe, experimentar culturas diferentes e desenvolver novas destrezas e aptitudes.

    Felices coa boa acollida e de ter sido recibidos con ilusión e entusiasmo, vinte alumnos de Gales e o alumnado de 3º e 4º de PDC (programa de diversificación curricular) convivirán durante cinco días permitíndolles, segundo indica o alumnado galés “aprender de culturas diferentes e metodoloxías de estudo e aprendizaxe distintas; coñecer o xeito de ser das galegas e galegos ou sorprenderse coas similutudes entre Gales e Galicia”.

    Aseguran que os nervios  iniciais de entender outro idioma deron paso á espertar a súa curiosidade e á necesidade de facerse entender conseguindo atopar intereses de mocidade en común. Sorprendidos pola diferenza nas edificacións e na configuración das nosas vilas e cidades, nestes días, foron descubrindo fermosos lugares en Santiago de Compostela, no Castro de Baroña, en Pontevedra e na vila do Corpus.

    “Celticity and language from Port Talbot to Galicia” permitirá introducir as respectivas linguas, cultura e tradicións, analizando as diferenzas e semellanzas, estudando a conexión entre ambas linguas e culturas: galés e galego, xa que durante todo o curso se realizarán actividades que se comparten e analizan grazas ás conexións online. Un ensino baseado en métodos transversais de aprendizaxe polo que o IES Val do Tea de Ponteareas aposta dende hai anos.

    A profesora coordinadora do proxecto e xefa de estudos do Val do Tea, Isabel Calvelo; a vicedirectora, Ana Bastos e o profesorado de PDC coinciden cos seus homólogos galeses, Rachel Stead e Jack Davies, no moito que teñen aprendido nestes días, nas novas ilusións que esperta no alumnado e na grande motivación que consegue en todos eles e elas.

    Como agasallo levarán para as terras de Gales “a bunch os kindly friends” ou o que en galego sería “unha chea de bos amigos” cos que seguir aprendendo e medrando. O reencontro será en primavera cando o alumnado do centro ponteareán aterre na cidade portuaria do sur de Gales, Port Talbot.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.