19.1 C
Pontevedra
Mércores, 16 de Outubro de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Porriño busca facilitar a inserción laboral dun cento de persoas desempregadas...

    O Porriño busca facilitar a inserción laboral dun cento de persoas desempregadas a través do Plan Integrado de Emprego

    O compromiso do Concello é acadar o 45 % de inserción laboral

    O Plan Integrado de Emprego do Porriño xa está en marcha cun obxectivo moi claro: mellorar a ocupabilidade e a promover a inserción laboral dun centenar de porriñeses/as. Nesta iniciativa de emprego e formación, promovida pola Xunta de Galicia e o Concello do Porriño, participan 100 persoas desempregadas, que ao longo dun ano recibirán de información, orientación e asesoramento para a búsqueda de emprego.

    O Concello do Porriño impulsa este programa co compromiso de acadar o 45% de inserción laboral dos participantes e en todo caso, dotalos das ferramentas que precisan para mellorar a súa empregabilidade.

    “A mellor inversión que un concello pode facer é a dirixida a ofrecer á súa veciñanza é a súa capacitación e accesibilidade a un posto de traballo”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Non deixaremos de traballar e facer todo o que estea na nosa man para ofrecerllo”.

    O rexedor, que participou na entrega de material e presentación dos/as participantes, aproveitou para trasmitirlles “o respaldo do Concello e de todo o equipo de Porremprego neste proceso que emprendedes de búsqueda de emprego, estamos aquí para axudarvos e acompañarvos”.

    E é que durante todo o proceso contarán cun seguemento personalizado de inserción adaptado e individualizado para cada unha das persoas participantes.

    Ademais, impartirase formación, coa organización de diversos cursos. De maneira complementaria levaranse a cabo técnicas de coaching, intelixencia emoción ou técnicas de motivación para a búsqueda de emprego. Desenvolveranse obradoiros nos que entrenen habilidades sociolaborais e simulación de entrevistas.

    Outro dos eixos transversais deste programa é o do fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial e mobilidade laboral. Ademais realizarase un casamento adecuado entre a oferta e a demanda, recollendo a oferta laboral existente na controna e seleccionando ás/os candidatos/as idóneos para cubrila.

    Unha vez concluída a formación teórica e práctica, complementarase coa realización de prácticas profesionais en empresas colaboradoras baixo a supervisión dun tutor.

    Para a posta en marcha deste Plan Integrado de Emprego, o Concello do Porriño contou cunha subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de 220.000 euros, aos que se suma unha aportación municipal de 55.000 para a mellora da empregabilidade no municipio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.