12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoA porriñesa Ana Belén Gómez Sousa imponse na maratón de Brooklyn

    A porriñesa Ana Belén Gómez Sousa imponse na maratón de Brooklyn

    A atleta e funcionaria municipal foi recibida onte entre aplausos no Concello tras proclamarse campiona na súa categoría da icónica maratón

    O pasado 24 de abril máis de 20.000 runners déronse cita na 10ª Maratón de Brooklyn e, entre eles, a porriñesa Ana Belén Gómez Sousa que se impuxo na súa categoría.

    Nun tempo de 1 hora, 28 minutos e 42 segundos, completou os 42 km que unen o vangardista North Brooklyn con Prospect Park; conseguindo o primeiro posto nesta icónica carreira (cunha vantaxe de case 7 min á segunda no podio).

    Ana Belén, funcionaria municipal, foi recibida entre aplausos no Concello e recibiu, de mans do alcalde Alejandro Lorenzo, un agasallo para recoñecer o seu logro en nome de todos os seus compañeiros e do seu pobo.

    Ana comezou no mundo do atletismo de maneira casual, hai case 8 anos, cando unha amiga a animou a participar nunha carreira benéfica contra o cancro. Eses 5 km despertaron nela a inquedanza que a levou a ir máis a alá e correr a súa primeira maratón, a de Berlín. A día de hoxe, e con 8 no seu haber, a porriñesa conta cun palmarés envidiable no que destaca ser a primeira española en entrar en meta na Maratón de Chicago (2019) e ser primeira na súa categoría e terceira na xeral na Maratón de Tromso (Noruega).

    A súa próxima parada: a Maratón de de Nueva York, que preparará da man da súa adestradora, Amaya Sanfabio.

    “Ana destaca polo seu sentido da responsabilidade, do compañeirismo e polo seu rigor; algo que todos os que traballamos con ela recoñecemos e valoramos”, afirmou o alcalde, “Iso unido ao seu afán de superación é garantía de éxito. Non podemos sentirnos máis orgullosos como compañeiros e como veciños”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.