14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosMos ofrece un programa de formación en voluntariado ambiental dirixido á mocidade

    Mos ofrece un programa de formación en voluntariado ambiental dirixido á mocidade

    Os/as interesados/as en participar teñen ata o vindeiro 11 de decembro para inscribirse

    O concelleiro de Medio Ambiente Sostible e Mocidade do Concello de Mos, Leo Costas, informou de que aínda quedan prazas libres para o programa de voluntariado que se pon en marcha desde a concellería mosense de Mocidade. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o vindeiro 11 de decembro e poderá formalizarse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica Municipal.

    Trátase dunha formación en voluntariado ambiental para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos de idade que inclúe unha parte formativa e outra de actuacións na natureza como limpeza, retirada de lixo e de especies invasoras, etc. Para máis información os/as interesados/as poden contactar coa Oficina Municipal de Información Xuvenil, OMIX, no teléfono 986 33 94 04 ou enviando un correo electrónico a omix@concellomos.es

    O programa consta de dúas partes, formación en liña por plataforma ZOOM, os días 16, 17, 22 e 23 de decembro e, despois, de xaneiro ata abril, conleva a parte de saídas e actuacións. A formación é gratuíta para todos os que queiran participar, pero deben realizar o programa completo e ademáis obterán unha certificación acreditativa.

    O obxectivo principal é a formación dun grupo de voluntarios (mozos e mozas e tamén adultos ata 35 anos), que actúen nos espazos da contorna de cara a promover a conservación a través de diferentes tipos de accións: educativas e de sensibilización ambiental. De adecuación dos espazos naturais como limpezas de ríos, de espazos naturais e eliminacións de especies invasoras e plantacións de árbores autóctonas. De coñecemento das especies faunísticas e florísticas, ademáis do ecosistema do Concello. E de coñecemento do patrimonio arqueolóxico, cultural e etnográfico da contorna.

    A participación axudará a fomentar o coñecemento patrimonial, a sensibilización (fomentar un uso adecuado e respectuoso cos valores naturais dos espazos), o orgullo (potenciar o coñecemento e potenciar o sentimento de orgullo polo patrimonio natural que posuímos, “coñecer para conservar”) enganchar ao participante ao movemento ambiental activo, fomentando así o pensamento crítico (cambiar o “quedo na casa e critico todo polas redes sociais” por saír a mudar as cousas).

    O proxecto posúe dúas partes, a primeira formativa buscando o coñecemento en certos temas necesarios de cara á segunda parte do proxecto e de cara ao futuro, para conseguir que os participantes sexan mediadores xuvenís entre os seus coñecidos (educadores ambientais en potencia); e a segunda de actuacións na contorna con actividades de carácter ambiental, limpezas de ríos e regatos, de montes, eliminacións de invasoras e plantacións de especies autóctonas.

    Este proxecto céntrase como base na temática ambiental, aínda que tamén cultural e etnográfica do concello de Mos promovendo ademais a concienciación ambiental e a socialización.

    Os obxectivos son promover o voluntariado a través de actividades de tempo libre educativo medioambientais, incentivar o voluntariado como medio para o crecemento persoal, valorizar o patrimonio paisaxístico, cultural e etnográfico do Concello, concienciar sobre a importancia da sostenibilidade ambiental, integrar diferentes sectores da poboación como voluntarios/ as, ofertar formación específica aos voluntarios/ as, fromentar a creatividade entre persoas voluntarias, organizar e realizar, por parte dos/ as voluntarios/ as, as actividades do proxecto, recoñecer zonas de gran valor biolóxico, cultural e etnográfico, gozar do medio rural, e implicar á poboación local na conservación do contorna. Ademais pretende constituír un programa de actividades alternativas como ferramenta para a prevención do consumo de drogas e outras substancias durante a adolescencia e xuventude, fomentar a participación social e política das mulleres, coñecer as especies faunísticas da contorna, coma mamíferos, aves ou herpetofauna, coñecer as especies vexetais presentes non concello, con mención especial daquelas catalogadas como vulnerables ou en perigo, etc.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.